Browsing by Author "Garrido Caneiro, David"
Now showing 1 - 1 of 1
Results Per Page
Sort Options
- O hautboy na Catedral de TuiPublication . Garrido Caneiro, David; Sanches, Hugo Soeiro; Castro, Pedro Lopes eO instrumento de Thomas Stanesby Senior (1668-1734) conservado no Museo Catedralicio de Tui será o principal protagonista desta tese, na que tamén tentaremos obter unha visión ben definida da utilización do óboe na Catedral de Tui ó longo do século XVIII. Na primeira parte do traballo faremos un estudo detallado do propio instrumento do Museo, cunha metodoloxía práctica e comparativa, próxima á disciplina da organoloxía. Despois realizaremos un encadramento histórico do obxecto de estudo, baseado en pescudas bibliográficas, cun enfoque máis musicolóxico. A terceira parte do traballo consistirá na recuperación e edición dalgunhas obras orixinais do século XVIII, conservadas no Arquivo Capitular Diocesano da Catedral de Tui e nas que o óboe está presente. A relevancia deste traballo para a comunidade científica e artística está na valorización dun instrumento de grande valor patrimonial, e na recuperación, transcrición e edición dalgunhas das obras que se encontran no Arquivo Capitular Diocesano da Catedral de Tui (a sigla internacional RISM deste arquivo é E-TUY), nas que o óboe ten un certo protagonismo. O resultado será a achega dun repertorio orixinal do século XVIII ata o de agora esquecido. Tamén será relevante, por ser inédito, a elaboración dun relato histórico no que tentaremos resolver a incógnita existente sobre a chegada do óboe de Stanesby á Catedral, a utilización do hautboy ó longo do século XVIII, así como a elaboración dunha relación dos oboístas que traballaron na Catedral nese período, para o que nos apoiaremos principalmente nas evidencias que nos proporcionan as Actas Capitulares conservadas no Arquivo da Catedral.
